Cantata Spagnuola a voce sola e chitarra “No se emenderá jamás”

Cantata atribuida a G. F. Haendel, é considerada a única peza deste compositor escrita sobre texto en español. Aparece catalogada co número HWV 140 e foi composta en Roma en 1707 para o Cardenal Pietro Ottoboni e copiada para o Marqués Francesco Maria Ruspoli nese mesmo ano.

A cantata é controvertida polo feito de ser a única obra atribuida a Haendel composta en español. O musicólogo galés Anthony Hicks xustifica este feito do seguinte xeito:

“Probablemente Haendel foi retado a amosar a súa destreza noutras linguas, e as cancións francesas, xunto coa cantata española composta no mesmo periodo, foron a súa resposta.”

Por outra banda, no número de novembro de 2009 da revista Scherzo, José Carlos Gosálvez Lara afirma:

“O emprego do francés na cantata ‘Sans y penser’ e do castelán na chamada ‘Cantata Spagnuola No se emendará jamás’ (a única composición do mestre saxón nesta lingua), teñen sen dúbida un significado político […] que se deduce máis do contexto e da lingua empregada que do contido da letra.”

Hai quen dubida da autoría da Haendel e se decanta por un erro de atribución, que se trata dunha obra copiada mais non composta por Haendel ou mesmo que é obra dun discípulo del.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *