Notas – Aciveiro

Espazos Sonoros, VIII edición.

11 de outubro de 2015 – Mosteiro de Aciveiro.
Forcarei – Pontevedra.

Ás 19:00, entrada de balde até completar aforo.

 

Haendel Mediterráneo – Notas ao programa

A obra de Haendel, especialmente a vocal, viuse fondamente influida polos cinco anos que pasou en Italia entre 1706 e 1710, polo que podemos falar dun corpus de cantatas italianas, compostas tanto á beira do Mediterráneo, como anos despois en Inglaterra no mesmo idioma.
A cantata italiana estivo en de moda en Europa na época, e Haendel compuxo No se emenderá jamás en 1707 para a protexida do marqués Ruspoli, a soprano Margueritha Durastandi. Curiosamente o libreto está en español, e mencionase como cantata “para soprano e guitarra”, o cal amosa a influencia española na península italiana ao longo do barroco.
As cantatas italianas versan en torno á temática amorosa, as mais das veces en ambiente pastoril. Mi palpita il cor posúe o feito distintivo dunha frauta solista como compañeira da voz, e o tema que trata é o amor non correspondido, e o lamento pola indiferenza da ben amanda Clori (ninfa ou deusa das flores na mitoloxía clásica).
O come chiare e belle é unha cantata interpretada en setembro de 1708 que celebra o momento en que Ruspoli ofreceu axuda ao Papa Clemente XI, en contra de Xosé I de Austria. Este ameazaba a Roma polo apoio papal a Felipe V de Borbón como aspirante ao trono español, en contra do seu irmán, o Archiduque Carlos de Habsburgo. Das tres personaxes, o pastor Olinto representa ao mesmo Ruspoli, o río Tiber ou Tebro representa a Roma, e a persoaxe alegórica de Gloria inspira a Roma a recuperar a súa antiga grandeza.